CRTVG

Buscar

A ruptura con Valls levanta críticas pola 'dereitización' de Ciudadanos

Publicado o 18/06/2019 08:28

Ciudadanos rompe con Manuel Valls polo apoio a Colau en Barcelona. A relación dos de Albert Rivera co que foi o seu candidato á alcaldía na cidade condal levaban tempo deterioradas. O detonante foi o apoio de Vox ao pacto en Andalucía, e a alianza estourou onte definitivamente. O ex-primeiro ministro francés alerta do perigo do achegamento á extrema dereita, mentres a dirección dos laranxas aproba alianzas apoiadas polos de Abascal.

"Teremos grupo propio, cos nosos tres concelleiros, para ter unha voz propia, individualizada. Somos a voz dos que non queren que os seus concellos estean na man do separatismo, e sobre todo somos os aqueles que sabemos que entre Colau e Ernest Maragall non hai moitas diferenzas, e só tardaron 48 horas en demostralo". Así explica Inés Arrimadas a ruptura con Manuel Valls. O que foi o candidato apoiado por Ciudadanos para a alcaldía de Barcelona reivindica, pola contra, que os seus votos foron decisivos para que o independentismo non goberne na capital catalá.

Os desencontros con Valls comezaron co pacto de Andalucía, e arreciaron días atrás, polas modificacións nos orzamentos da Junta para conseguir que os de Abascal retirasen a emenda á totalidade. Valls cadraba con algunhas das críticas que cargaban contra Ciudadanos desde a esquerda.

"Vemos a Ciudadanos absolutamente desmelenado e quitando a careta, que coido que nunca a tivo, pero quitando a careta coa súa relación frente a Vox", dicía Noelia Vera, desde Podemos. 

José Luis Ábalos, o secretario de organización do PSOE explicou que levan tempo "apelando a que cos que pretenden ter unha visión involucionista, que practican un discurso en boa medida fundamentado no odio, pois entendemos que non corresponde (pactar), porque forman parte dun escenario que claramente non se corresponde coa vontade democrática da maioría", dixo. "Non representan ese espazo de encontro, converxencia e moderación que este país ven representando".

Os reiterados chamamentos do PSOE a que Ciudadanos non bloquee a investidura de Sánchez teñen apoios dentro do partido laranxa. Voces como do fundador Francesc de Carreras. Mentres, a dirección recoñece que tamén reciben mensaxes nese sentido dos poderes económicos.

Outra das principais chamadas de atención chega do país veciño, do presidente francés, Enmanuel Macron, que a semana pasada advertía a Rivera polo seu achegamento a Vox, mentres a secretaria de Estado de Francia para Asuntos Europeos pide a Ciudadanos que aclare os seus acordos coa ultradereita.

Inés Arrimadas desmentiu tallantemente que estea en entredito a integración dos laranxas en Renovar Europa, o grupo dos liberais do Europarlamento.

Noticias web

18/06/2019