A rúa que separa Pontevedra de Marín marcará a vida da veciñanza, suxeita a diferentes restricións
Publicado o 15/01/2021 14:48
Os novos peches perimetrais que, dende hoxe, están en vigor van cambiar a vida de moitos veciños, como por exemplo os de Estribela, que pertence a Pontevedra e os de Cantodarea pertencente a Marín.
Agora unha rúa funciona a modo de barreira invisible, xa que o illamento de Pontevedra non lles permite pasar dun lado a outro algo que para moitos supón máis dun problema.
Pero non só os veciños se ven afectados por esta curiosa división. Os comerciantes e hostaleiros tamén van notar moito esta nova limitación.
Os veciños de ambos os dous lados van ter que andar con moito ollo de onde poñen o pé, porque está mañá xa nos atopamos cos primeiros controis de mobilidade na zona que limita ambos lados.