A rúa coruñesa de Santo Andrés é un espazo libre de coches durante as fins de semana
Publicado o 08/05/2021 21:14
Os coches cambian a ruta e cédenlles o protagonismo aos peóns. As fins de semana os semáforos carecen de utilidade en Santo Andrés, unha rúa viva, salpicada de terrazas e transitada por persoas que agradecen o espazo extra para moverse pola cidade sen agobios e sen présas.
Cando o tempo acompaña, como sucedeu hoxe, non hai sitios libres nas terrazas. Que Santo Andrés sexa peonil os sábados e os domingos beneficia os hostaleiros da propia rúa e tamén os das rúas máis próximas. "A xente pasea ,sae cos patíns e goza da rúa", comenta Ángel Brey, propietario do Café de Macondo.
Espazo recuperado para as persoas nunha cidade que quere ser máis amable.