CRTVG

Buscar

A rotura dunha tubaxe levanta o pavimento dunha rúa de Noia

Publicado o 19/04/2019 15:57

A rotura dunha tubaxe da subministración de auga levantou parte do pavimento dunha rúa de Noia. A avaría deixou sen auga potable as vivndas da zona. O servizo restableceuse contra a noitiña.

A rotura dunha tubaxe da canalización de auga en pleno centro de Noia deixou a moitos veciños sen subministración boa parte do xoves. A avaría afectou á rede xeral. As testemuñas din que a auga acadou unha altura de un metro, levantou o pavimento da rúa e unha gran cantidade de terra. A auga entrou nos baixos dos edificios. Nalgúns chegou ao pé das escaleiras.

Os operarios do concello restableceron completamente o servizo contra a noitiña. Pero os veciños quéixanse da calidade da auga. O mércores houbo outra avaría semellante noutro treito da rede de abastecemento de auga que afectou á zona do Malecón.

Noticias web

19/04/2019