CRTVG

Buscar

A Rioxa regresa ao risco medio mentres que Navarra entra no baixo

Publicado o 30/09/2021 18:41
A Rioxa regresa ao risco medio mentres que Navarra entra no baixo
EP

O Ministerio de Sanidade rexistrou este xoves, con datos achegados polas comunidades autónomas, 2.400 novos casos de coronavirus, dos que 1.124 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 1.246 rexistrados o mércores, o que eleva a 4.959.091 a cifra total de persoas contaxiadas de covid-19 desde o inicio da pandemia. 

Respecto da incidencia media actual de contaxios en España nos últimos 14 días, o informe mostra que segue reducíndose, situándose nos 59,02 casos por cada 100.000 habitantes, en comparación cos 60,6 notificado o mércores polo departamento dirixido por Carolina Darias.   

Canto aos falecidos por covid-19, notificáronse 18. Na última semana rexistráronse 118. Isto fai que a cifra global de decesos por coronavirus en España se eleve ás 86.415 persoas.   

Actualmente hai 2.516 pacientes ingresados por covid-19 en toda España e 703 nunha UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 214 ingresos e 306 altas. A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 2,08 por cento e na UCI no 7,76 por cento

Noticias web

30/09/2021