A Ribeira Sacra xa é a candidata a Patrimonio Mundial da UNESCO
Publicado o 23/10/2019 15:22
A Ribeira Sacra xa é a candidata de España a Patrimonio Munidal da UNESCO no ano 2021. Así o confirmou o Consello de Patrimonio Histórico do Estado. A Xunta prevé ter listo xa a finais deste ano o plan de xestión necesario para avalar a candidatura.
Lembremos que este espazo único, a cabalo entre as provincias de Ourense e Lugo, opta tamén a converterse en Reserva da Biosfera, unha das máis grandes da Península Ibérica.