CRTVG

Buscar

A Ribeira Sacra podería ser declarada este ano Reserva da Biosfera pola Unesco

Publicado o 09/05/2021 18:46

Xa queda menos para que a Ribeira Sacra sexa declarada pola Unesco Reseva da Biosfera.
Podería ser este mesmo ano, segundo as estimacións da Xunta. O 34 % da superficie quedará distinguido con este selo internacional e o 42 % estará amparado por algunha figura de protección.

O territorio proposto na candidatura, que abrangue 23 concellos de Lugo e Ourense, entrará tamén no repartimento dos fondos europeos do Plan de recuperación económica estatal, logo de que a Xunta reclamara expresamente a súa inclusión.