CRTVG

Buscar

A Ribeira Sacra aproveita o pulo da Semana Santa e roza o completo de ocupación

Publicado o 01/05/2019 21:14

A Ribeira Sacra segue acusando o pulo turístico que arrastra dende a Semana Santa e nestes días roza o cheo en todo tipo de establecementos. Débese, sobre todo, a que en Madrid gozan dunha longa ponte festiva e escolleron este recuncho galego para o seu lecer.

Poucas prazas quedan dispoñibles para estes días nos establecementos hostaleiros da Ribeira Sacra, que rexistra unha ocupación media do 90 por cento tanto en hoteis medianos como nos de turismo rural.

A coincidencia dos festivos de primeiros de maio a metade de semana en Madrid ten boa culpa de que unha porcentaxe elevada de turistas proceda desa comunidade.

A candidatura á Patrimonio da Humanidade reforza o atractivo dunha zona en que o románico, a paisaxe e a gastronomía son reclamos indiscutibles.

Indenpendentemente de cal sexa o veredicto, o sector busca desestacionalizar o destino para que a temporada alta que agora comeza se alongue o máximo tempo posible.

Noticias web

01/05/2019