CRTVG

Buscar

A riada da DANA provoca tamén unha vertedura industrial en Alcanar

Publicado o 03/09/2021 15:03

Limpar e limpar, niso é no que se concentran os veciños dos lugares onde as treboadas se deixaron sentir con forza. Amais de moreas de lama e refugallos, os residentes das zonas máis afectadas, como a localidade de Covisa, en Toledo, teñen que despexar tamén o gran susto que lles deixou no corpo.

Tras o susto é tempo tamén de valorar as perdas, coma os que causou a auga en apenas uns minutos la localidade de murciana de Aguilas.

En Alcanar, na costa de Tarragora, o Concello estima que os estragos superan os 16 millóns de euros. Aos danos no cámping e no paseo marítimo hai que sumar unha vertedura contaminante porque a riada fixo rebordar os depósitos de fuel dunha cementeira e levou o combustible ata o mar.

Noticias web

03/09/2021