CRTVG

Buscar

A revista 'Traveler' revisita a nosa comunidade cun vídeo en que tira do retranqueiro concepto de Galifornia

Publicado o 26/07/2019 16:35

Do Pacífico ao Atlántico, de costa oeste a costa oeste... Traveler ve moitas semellanzas entres os dous confíns continentais e sintetízaos neste vídeo de Twitter. Tirando de tópicos emblemáticos asocia a mítica ponte colgante da baía de San Francisco coa do estreito de Rande ou o paseo de Venice co da praia de Samil.

Non é a primeira vez que a publicación especializada en viaxes tira do termo Galifornia para destacar os valores turísticos de Galicia. Nesa liña compara o salvaxe Big Sur californiano coa Costa da Morte e tamén vincula as rexións vitivinícolas das dúas zonas... Aínda que neste caso, con esa visión tan global, desvían o albariño das Rías Baixas á Ribeira Sacra.

Na comparanza tamén reparan nas diferenzas, fronte ao impresionante deserto de Mojave destacan a frondosidade dos espazos verdes de Galicia.

Noticias web

26/07/2019