CRTVG

Buscar

A revista Time escolle Santiago como un dos cen mellores destinos do mundo

Publicado o 21/07/2021 21:28

Praza do Obradoiro. Unha galería de emocións nas facianas para as fotos. Fotos, fotos e máis fotos. Pero tamén unha videochamada para lle amosar a catedral restaurada a Lola, que está en Valencia. "Hai unha chea de xente, e isto está espectacular!", di a súa filla.

Espectacular o descanso dos peregrinos, que levan máis de mil anos no Camiño, como lembra a revista Time, que escolleu Compostela como un dos cen destinos extraordinarios que explorar neste 2021 pola súa historia, a súa gastronomía. Destaca Time ese perdón de todos os pecados ao cruzar a Porta Santa, como fai Lara con grande emoción. 

Cada quen trae os seus motivos. E seguen a crearse recordos sen pantalla e con pantalla. Fotos, fotos, fotos e máis fotos mentres un dos cen mellores destinos do mundo respira aires de festa e camiña cara ao seu día grande.

Noticias web

21/07/2021