CRTVG

Buscar

A reunión de xefes de Goberno en Bruxelas acorda o desbloqueo dos fondos

Publicado o 11/12/2020 14:00

En Bruxelas, rematou a reunión dos xefes de Goberno con dous acordos de alcance: desbloqueo dos fondos de recuperación e ampliación dos obxectivos na loita contra o cambio climático

Os 27 acordaron reducir polo menos un 55% as emisións de CO2 de aquí ao 2030. Foi unha negociación complicada que se prolongou durante toda a noite, polas reticencias dalgúns socios como Polonia ou a República Checa.

Finalmente, aumentan un 15% esa esixencia de redución a contaminación.

Houbo tamén acordo para desbloquear o fondo de recuperaciónCase 700.000 millóns e deles 140.000 irán para España. 

Pedro Sánchez valora o acordo moi satisfactoriamente e di que o Goberno está preparado para materializar eses investimentos, xa que ten os Presupostos practicamente aprobados.

Noticias web

11/12/2020