CRTVG

Buscar

Retirada da máscara no exterior: só se hai distancia e en lugares pouco concorridos

Publicado o 01/06/2021 14:40

Lugares con pouca afluencia de xente e ao aire libre serían os primeiros en que poderiamos volver respirar sen máscara. Unha medida de relaxación que os expertos avalan sempre e cando se cumpran dous factores que poderían darse nas próximas semanas.

Alberto Ruano Raviña,profesor de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC: "Primeiro é que siga o descenso que está a ocorrer na incidencia acumulada, por agora os datos son bos e a tendencia en Galicia é boa, e tamén que prosiga o avance na campaña de inmunización".

Pero en que lugares poderiamos retirar a máscara? África González, inmunóloga: "Se estamos en exterior, estamos facendo deporte, ou no campo ou na praia, pero se estamos en zonas onde aínda hai bastante xente, as medidas deberiamos mantelas ata que non teñamos a gran parte da poboación vacinada".

Na rúa hai quen é precavido e, con todo, prefire continuar co uso da máscara. Aínda que a maioría está desexando liberarse dela. Os expertos recomendan que sexa unha medida que se tome dependendo dos datos de cada comunidade autónoma, atendendo á súa evolución epidemiolóxica e á porcentaxe de poboación vacinada.

Noticias web

01/06/2021