CRTVG

Buscar

A restauración do Pórtico da Gloria recibe un premio de Patrimonio Europeo

Publicado o 21/05/2019 18:07
A restauración do Pórtico da Gloria recibe un premio de Patrimonio Europeo

O proxecto de restauración do Pórtico da Gloria foi galardoado nos Premios de Patrimonio Europeo/Premios Europa Nostra 2019. Estes prestixiosos premios creados en 2002 pola Comisión Europea recoñecen as mellores prácticas vinculadas coa protección do patrimonio.

Entre os 25 galardoados pertencentes a 16 países está o Pórtico da Gloria na categoría de conservación. Segundo anunciou a Comisión Europea e Europa Nostra á Fundación Barrié, mecenas do proxecto, recoñécese o "extraordinario" proxecto de conservación preventiva e restauración do Pórtico e a súa contorna na Catedral de Santiago. Así, o xurado eloxiou o proxecto en Compostela como un "exemplo moi destacado de conservación e coidadosa recuperación de escultura de pedra policromada nunha obra de fundamental imortancia na escultura románica". "Este monumento é un dos lugares de peregrinaxe máis visitados de Europa e é representativo do seu patrimonio", destaca.

Os premios serán entregados nunha cerimonia dos Premios de Patrimonio Europeo, que se celebrará o 29 de outubro en París, durante o Congreso de Patrimonio Europeo.

Noticias web

21/05/2019