CRTVG

Buscar

A remontada do Porriño non tivo premio final e perdeu co Tenerife (25-26)

Publicado o 07/02/2021 10:31

Un mal inicio de partido condenou o Conservas Orbe Rubensa Porriño na División de Honra de balonmán feminino. Entraron durmidas ao partido diante dun rival directo como o Balonmano Salud Tenerife e acabárono pagando (25-26). 

Aos doce minutos o cadro galego estaba seis goles abaixo (2-8) cunha Rebeca López que estaba facendo moito dano en ataque (foise ata os once goles ao final do partido). As canarias dominaban con comodidade e ao principio da segunda parte chegaron a ter nove goles de vantaxe (11-20).

O partido parecía resolto pero o Porriño sacou a casta e comezou a remontar. A cincuenta segundos do final Cerqueira anotaba o 25-26. Tenerife fallou o ataque e a propia Ana Isabel Cerqueira tivo o gol do empate pero a bóla foi rexeitada por ambos os postes. Foi a cuarta derrota consecutiva para as porriñesas. 

Noticias web

07/02/2021