A remollo, unha forma tranquila para empezar o ano
Publicado o 01/01/2020 20:39
A remollo, entre burbullas e chorros de auga quente ou ben relaxándose sobre unha tumbona de calor. Así reciben o 2020 os que optan por un balneario.
Axuda entre outras cousas a reporse dos excesos destes últimos días e tamén ....
Neste balneario colgaron o cartel de completo.
Relaxarse pero en familia. Ese é o cliente máis habitual dos balnearios durante estes días. E co ano recén estreado xa hai quen pensa en repetir experiencia.
Unha posta a punto para afrontar con ánimo o que nos depare este 2020.