CRTVG

Buscar

A regularización fiscal do rei Xoán Carlos alcanzaría o medio millón de euros

Publicado o 07/12/2020 14:40

Hoxe coñecemos máis detalles do intento do rei emérito de regularizar as súas contas con Facenda. Segundo o xornal El País, o importe que se declara nesa complementaria ascendería a máis de medio millón de euros. Serían os gastos que parte da familia real supostamente cargou nunha conta opaca dun empresario mexicano.

Outro diario, El Mundo, afirma que o rei emérito dá este paso porque quere volver a España este Nadal, tras catro meses nos Emiratos Árabes Unidos, aínda que a Casa Real, di o xornal, é reticente ao seu regreso.

Pola súa banda, o Goberno recorda que a lei é igual para todos. O ministro de Transportes José Luis Ábalos asegurou que  "a Axencia Tributaria establecerá os seus procedementos de investigación ao respecto e determinará o que teña que determinar. O importante é que neste caso non haxa ningunha diferenza segundo a persoa de que se trate. A lei é para todos igual, ha de cumprirse exactamente igual, tanto sentido negativo como positivo".

Noticias web

07/12/2020