CRTVG

Buscar

A reforma laboral modificarase nas próximas semanas

Publicado o 22/10/2021 08:23

Antes de que acabe este ano haberá modificacións na reforma laboral do goberno de Rajoy. Nese sentido manifestáronse onte o secretario xeral de Comisións Obreiras e a vicepresidenta primeira do Goberno, aínda que ambos sinalan que queda negociación por diante.

Unai Sordo,  secretario xeral de CCOO: "Si ou si. Nas próximas semanas a reforma laboral vaise modificar. Está moi avanzada a negociación en materia de negociación colectiva; estaba moi avanzada hai ano e medio. O problema é que a CEOE non está de acordo coa orientación da que falamos na mesa e agora hai que falar de despedimento, de contratación e de flexibilidade interna".

Nadia Calviño,  vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital: "Houbo encontros e contactos preliminares. Pero, de momento, non se iniciou a fase de negociación e de concreción dese paquete de reformas. E refírome sempre a un paquete equilibrado, porque moitas veces a atención céntrase nun ou noutro elemento, e creo que de aquí a fin de ano o reto que temos por diante é, precisamente, chegar a un acordo con todos os elementos desa folla de ruta".

Noticias web

22/10/2021