CRTVG

Buscar

A reforma do Código de Xustiza que redefine o delito de sedición implicaría a rebaixa inmediata da pena dos condenados polo 'procés'

Publicado o 17/11/2020 07:42

O ministerio de xustiza prevé presentar antes de fin de ano o anteproxecto de lei de reforma do Código Penal en que se incluirá unha redefinición do delito de sedición. Reduciría á metade a pena, agora entre 8 e 15 anos de prisión.

O argumento de xustiza baxéase en que hai que actualizar a definición do delito de sedición "á realidade actual".

Esta reforma do Ministerio de Juan Carlos Campo afectaría directamente aos condenados polo procés catalán. Produciríase unha redución da condena instantánea e facilitaría a súa saída de prisión en caso de concederlles o indulto.

Noticias web

17/11/2020