CRTVG

Buscar

A redución da incidencia da covid-19 na Coruña podería flexibilizar as restricións

Publicado o 10/12/2020 14:21

Na Coruña, moitos agardan xa a fin dalgunhas restricións.

Atrás quedan semanas de moito sacrificio, pero non hai que renderse, porque ninguén quere dar un paso atrás.

"Mellor que sigamos así un tempo máis para que despois do Nadal non haxa unha repunta", di unha muller.

Á espera de que se pronuncie este venres o comité clínico, a melloría dos datos na área sanitaria permite pensar na relaxación dalgunhas medidas.

"É posible que se relaxen algunhas medidas no ámbito da restauración", explica Pilar Farjas, membro do comité clínico. 

Aínda que a apertura do peche perimetral na Coruña, Arteixo, Cambre e Culleredo non será, segundo as previsións do comité clínico, tan inminente.

Noticias web

10/12/2020