CRTVG

Buscar

A recuperación tras a pandemia, a prioridade do Goberno de Johnson na inauguración do novo curso parlamentario

Publicado o 11/05/2021 18:36

Isabel II reapareceu tras a morte do duque de Edimburgo para cumprir coas súas funcións. A raíña presidiu o acto de apertura do Parlamento británico. Esta solemne cerimonia supón a unión dos tres elementos vixentes na lexislatur: a Cámara dos Lores, a Cámara dos Comúns e a Coroa.

A soberana, de 95 anos, tal e como manda a tradición, leu un discurso escrito polo goberno de Boris Johnson onde se explicaban os plans do executivo británico para o vindeiro ano. Nunha simbólica cerimonia, en que os lores vestiron togas vermellas e perrucas brancas, a soberana afirmou que a prioridade do goberno de Johnson será acadar unha recuperación nacional da pandemia que faga ao Reino Unido máis forte, máis san e próspero.

Todo isto ante un auditorio reducido e onde imperaban unhas estritas medidas de seguridade por mor da pandemia.

Noticias web

11/05/2021