CRTVG

Buscar

A rebaixa das peaxes na AP-9 está pendente de Facenda

Publicado o 30/06/2021 15:31

O Goberno comprometérase a abaratar as peaxes da AP-9 o 1 de xullo pero, polo momento, semella que aínda haberá que agardar.

O ministro responsable, Luis Ábalos, reiterou na súa última visita a Galicia que as rebaixas chegarían este verán. 

Polo momento, o trámite para facer efectivos os descontos non está rematado. A Avogacía do Estado non atopou ningún impedimento para aplicalos, pero están pendentes do visto e prace de catro departamentos do Ministerio de Facenda. 

 

 

Noticias web

30/06/2021