CRTVG

Buscar

A reaparición de Pablo Iglesias marca o inicio da campaña de Unidas-Podemos

Publicado o 23/03/2019 20:06

O secretario xeral de Podemos rematou o seu período de permiso por paternidade e fíxoo acudindo á praza do museo do Raíña Sofía, un escenario emblemático no que pechou a súa campaña para as eleccións europeas no ano 2014.

Os simpatizantes de Pablo Iglesias apoiaron o regreso do seu líder, que estivo acompañado no escenario por Irene Montero, Pablo Echenique, outros cargos da formación e boa parte de candidatos ás eleccións municipais, autonómicas e xerais, entre eles o catalán Jaume Asens de En Comú Podem e a ferrolá Iolanda Díaz, que encabeza a lista de En Común-Unidas Podemos en Pontevedra, e tamén candidatos da coalición noutras provincias españolas.

Noticias web

23/03/2019