A Real conquista o Santiago Bernabeu
Sorprendente eliminación do Real Madrid ante a Real Sociedade.
Houbo dous protagonistas particulares na Real Sociedade: o sueco Isak e o noruegués Odegaard, que pertence ao Real Madrid. Achegan o primeiro gol, tira Isak e o rexeite de Areola aproveitouno Odegaard.
Tras o descanso, a Real vai polo triunfo con determinación. Finalización perfecta de Isak na xogada do segundo gol. Leva trece goles no que vai de temporada entre Liga e Copa.
Isak tiña a noite a favor e tamén é o autor do terceiro gol. Tivo algo de fortuna para recoller o balón pero colocouno perfectamente.
Nunca se rendeu o Real Madrid. Acurtou as distancias Marcelo coa colaboración de Remiro. Lonxe de quedar na súa área, a Real aproveitou os espazos e así chegou o gol de Merino tras o centro de Isak. Parecía todo pechado.
Pero Vinicius, o mellor do Real Madrid, fixo unha boa internada que completa o seu compatriota Rodrigo.
E á falta de dous minutos, e tras varios balóns colgados na área donostiarra, Nacho pon de cabeza o inquedante tres-catro. Pero era tarde. Nin Sergio Ramos nin os seus compañeiros obraron o milagre.