CRTVG

Buscar

A rápida intervención dos veciños evita un atraco nunha libraría de Pontevedra

Publicado o 29/01/2019 13:25

A rápida intervención dos veciños frustrou un atraco nunha librería de Pontevedra. O asaltante empregou un coitelo de cociña, pero cando se viu acurralado non opuxo resistencia. As testemuñas aseguran que dixo que o facía porque quere ir ao cárcere.

O establecemento en que tamén se vende lotería foi o obxectivo do caco. Adela, a dona do local, quedou paralizada cando o home dun chimpo saltou o mostrador e lle pediu todo o que había na caixa. Levaba un coitelo de cociña de máis de 25 centímetros.

Mentres se producía o asalto, un cliente que entraba viu o que acontecía. Berroulle ao delincuente e foi a correr buscar axuda ao bar do hotel que está ao lado. O atracador colleu os cartos e meteunos a toda présa nos petos. Todos os que estaban no bar saíron cara á librería. Entre eles había un axente xubilado da policía.

Cando se viu acurralado, o delincuente non opuxo resistencia. Baleirou alí mesmo todo o que collera.

O detido é un home duns 50 anos, ao parecer de Vilagarcía, que xa estivo detido por queimar varios coches na cidade do Lérez e que estaba en liberdade á espera de xuízo.

Noticias web

29/01/2019