A raíña Sofía visita o banco de alimentos Rías Altas da Coruña
Como presidenta da Fundación Reina Sofía, a raíña está percorrendo os 54 bancos de alimentos que hai en España. O da provincia coruñesa ten almacéns en Ferrol, Santiago e A Coruña; e no de Meicende, dende onde se distribúen os alimentos doados por empresas e particulares, dona Sofía falou cos voluntarios e reuniuse durante unha hora cos directivos para escoitar as necesidades dunha organización que ten un 30 % máis de beneficiarios que hai un ano.
"Estamos en arredor de 29.000 beneficiarios a través de 181 entidades e repartindo 2.700.000 quilos de alimentos. Isto foi medrando a partir da pandemia", explicou Conchi Rey, presidenta do banco de alimentos Rías Altas.
A última doazón foi este lote de leite que mandou a Fundación Reina Sofía. O banco de alimentos coruñés calcula que ten reservas ata mes de xuño. Pero cada día teñen que saír dos seus catro almacéns máis de tres mil quilos de comida poder chegar ás familias máis desfavorecidas.