CRTVG

Buscar

A raíña pide combater a violencia de xénero coa lei e a educación

Publicado o 26/11/2019 15:08

É o primeiro premio que recibe dona Letizia dende que forma parte da familia real. O Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, que depende do Consello Xeral do Poder Xudicial, outorga cada ano os seus premios a personalidades destacadas nesta tarefa, e nesta ocasión concedeullo á Raíña polo seu compromiso e implicación. Tras recibir o galardón de mans do Rei, fixo extensivo o premio a todos os que combaten este problema social, e lembrou as vítimas da violencia machista.

Canda a Raíña foron galardoados unha asociación de atención á muller prostituída, un maxistrado do Supremo e a fiscal de Violencia sobre a Muller de Andalucía, que recibiron os premios dos ministros de Xustiza e Interior. Todos coincidiron co presidente do Tribunal Supremo na necesidade de seguir traballando ata que non haxa nin unha vítima máis.

Noticias web

26/11/2019