A raíña Letizia inaugura unha mostra sobre Pardo Bazán na Biblioteca Nacional
Publicado o 08/06/2021 14:28

A raíña Letizia inaugurou hoxe unha exposición sobre a escritora coruñesa Emilia Pardo Bazán na Biblioteca Nacional. A mostra estará aberta ao público dende mañá ata setembro e exhibe libros, fotografías, cadros e mobles que dan conta da faceta intelectual e feminista de Pardo Bazán.
Esta exposición é unha das actividades programada este ano en que se conmemora o centenario da súa morte. Madrid, onde traballou e morreu, está sendo coprotagonista desta efeméride canda Galicia.