A raíña Letizia inaugura o curso escolar en Zuera, Zaragoza
Publicado o 08/09/2021 15:04

A raíña presidiu esta mañá o acto de apertura do novo curso escolar. Foi na localidade zaragozana de Zuera, onde estivo acompañada pola ministra de Educación e o presidente de Aragón. A raíña Letizia visitou o colexio público Odón de Buen, un centro pioneiro no uso da aprendizaxe cooperativa e no traballo coas intelixencias múltiples.