CRTVG

Buscar

A raíña Letizia considera "inescusable" o apoio ás persoas con enfermidades raras

Publicado o 05/03/2020 15:03
A raíña Letizia considera "inescusable" o apoio ás persoas con enfermidades raras

A raíña Letizia presidiu en Madrid o acto central do Día das Enfermidades Raras, que este ano se celebrou baixo o lema "Somos 300 millóns".

Ese é o número de persoas en todo o mundo que padecen algunha destas doenzas. O obxectivo da campaña é crear conciencia sobre estas enfermidades e o seu impacto na vida de quen as padece. O acto estaba organizado pola Federación Española de Enfermidades Raras, da que a raíña é presidenta de honra dende 2008.

Noticias web

05/03/2020