CRTVG

Buscar

A raíña Letizia adéntrase na Honduras máis castigada polos furacáns

Publicado o 15/12/2020 21:55

A raíña Letizia viaxou ata Honduras para entregar axuda humanitaria aos damnificados polos últimos furacáns. España levou ao país centroamericano 120 toneladas de produtos de primeira necesidade para asistir as máis de 100.000 persoas que quedaron sen casa polas inundacións do mes pasado.

A raíña foi recibida polo presidente Juan Orlando Hernández, con quen visitou unha escola no municipio da Lima, un dos máis castigados. A de Honduras é a maior acción humanitaria de Cooperación Internacional na última década.

Noticias web

15/12/2020