A raíña Isabel II pasou unha noite no hospital e suspendeu unha viaxe a Irlanda do Norte
Publicado o 22/10/2021 08:13

A raíña Isabel II estivo hospitalizada o mércores pola noite. Pasou unha noite nun hospital de Londres para someterse a uns exames médicos e regresou o xoves ao mediodía ao castelo de Windsor. Un comunicado da casa real asegura que Isabel II, que xa ten 95 anos, segue con bo ánimo. A noticia da hospitalización da raíña coñécese despois de que anulase unha viaxe prevista a Irlanda do Norte porque os médicos lle recomendaron descansar.