A RAG dedica o Día das Letras Galegas de 2020 á figura do crítico, ensaísta e novelista Carvalho Calero
Despois de moitas polémicas e desencontros na propia Real Academia Galega, Ricardo Carvalho Calero será homenaxeado na conmemoración das Letras Galegas o vindeiro ano.
Así se recoñece, finalmente, o inmenso traballo de Carvalho Calero como crítico, ensaísta e creador literario, ademais de por encarnar os valores do antifascismo e o galeguismo, foi un dos impulsores do primeiro Estatuto de Autonomía.
Tras a guerra civil foi o primeiro que escribiu en galego, a novela A xente da barreira. Para Carvalho a escritura era, ante todo, un compromiso consigo mesmo.
Nos últimos anos, o seu pensamento camiñou cara ao reintegracionismo, a prol do encontro do galego e o portugués, que para el eran pólas da mesma árbore; iso ocasionou as diverxencias para dedicarlle o Día das Letras. Nado en Ferrol, morreu en Compostela en 1990, aos 80 anos, afastado e incomprendido por unha parte da intelectualidade galega, que agora o recoñece.