CRTVG

Buscar

A RAG recomenda usar 'gromo' e 'repunta' en vez de 'brote' e 'rebrote'

Publicado o 28/07/2020 10:58
A RAG recomenda usar 'gromo' e 'repunta' en vez de 'brote' e 'rebrote'

O Dicionario da Real Academa Galega, RAG, acaba de actualizar o léxico da pandemia da Covid-19 e incorpora novas acepcións das palabras 'gromo' e 'repunta', palabras que a Academia recomenda utilizar en vez de 'brote' e 'rebrote'.

O coordinador do Seminario de Lexicografía, Manuel González, explica as motivacións destas escollas nun artigo titulado 'Gromo epidémico' publicado na web da RAG.