CRTVG

Buscar

A RAG defende o "patrimonio común das linguas de España"

Publicado o 12/12/2020 14:56


O acto foi unha reividicación do Carvalho Calero escritor, investigador e profesor no paraninfo da mesma facultade en que deu as primeiras clases en galego da Universidade compostelá en 1965. E reivindicación do presidente da Real Academia Galega da presenza e do uso da nosa lingua en todos os ámbitos, tamén no eido educativo, dixo Víctor Freixanes, en todas as materias sen excepción. "A RAG iniciou contactos coa Euskaltzandia e co Instituto de Estudos Cataláns para abrir un debate sincero e interesar a sociedade española nun patrimonio que quixeramos que se considerase común e do que todos debemos sentirnos orgullosos", afirmou.

Tras a sesión plenaria, Alberto Núñez Feijóo destacou o legado de Carvalho Calero, depositado en dicípulos como Freixanes que -asegura o presidente da Xunta- testemuñan un desexo pedagóxico afastado de calquera tentación doutrinaria. "Axudou a criar galegos e galegos libres que propician unha cultura e unha lingua libres. Seguindo esa senda, o Goberno de Galicia ten como eixe desta lexislatura a potenciación da transmisión interxeracional do galego no seo das familias e a vivencia da lingua na mocidade", defendeu Feijóo. 

A Academia comprométese a seguir estudando a figura do homenaxeado deste ano, difícil para as celebracións.

Noticias web

12/12/2020