A RAG decide dedicar o Día Das Letras Galegas a Carvalho Calero
Publicado o 22/06/2019 09:29
A Real Academia Galega ten previsto ratificar hoxe a elección de Ricardo Carvalho Calero como homenaxeado das Letras Galegas 2020.
O filólogo e escritor ferrolán protagoniza as dúas únicas propostas presentadas polos académicos, que se someterán a votación no plenario desta mañá.
Unha das candidaturas está apoiada pola executiva da institución e outra polos membros do plenario que levan anos pedindo este recoñecemento do 17 de maio para Carvallo Calero.