CRTVG

Buscar

A RAE acepta a invitación de Feijóo para celebrar un pleno en Galicia en 2021

Publicado o 17/12/2020 20:53

O rei presidiu esta tarde a xuntanza do padroado da Fundación da Real Academia Española. Na xuntanza con Filipe VI estiveron a vicepresidenta Carmen Calvo, representantes do mundo académico e da empresa e varios mandatarios autonómicos, entre eles, o galego.

A RAE aceptou a invitación de Alberto Núñez Feijóo a celebrar en 2021 un pleno en Galicia, comunidade, dixo o presidente, que respecta todas as linguas.

Noticias web

17/12/2020