A Radio Galega logra máximos históricos de audiencia
Publicado o 02/12/2020 14:49
Son os datos reflectidos pola terceira vaga do Estudo Xeral de Medios. O número máximo de oíntes da Radio Galega de luns a venres é de 215.000, que a colocan como a segunda emisora de radio en Galicia por terceira vez consecutiva.
A Radio Galega é a sétima radio en número de oíntes de toda España ao contar con 201.000 de luns a domingo.
SER e Radio Galega son as únicas emisoras que o logran. No período de luns a domingo, a pesar de ser a segunda emisora de radio en Galicia, queda en 199.000.
Radio Galega Música consegue nesta terceira vaga o seu teito de ouvintes de luns a venres con 39.000, e volve reflectir así un incremento en audiencia respecto á onda anterior, a primeira de 2020.