CRTVG

Buscar

A quinta vaga segue medrando: case 6.300 casos tras 780 novos positivos nun só día

Publicado o 14/07/2021 10:05

• Non había tantos positivos dende o 7 de febreiro

• A área sanitaria máis afectada é a de Vigo, coas de Ourense, Pontevedra e A Coruña preto

• Polo de agora, a presión asistencial mantense estable, con lixeiros incrementos

A quinta vaga segue medrando: case 6.300 casos tras 780 novos positivos nun só día

A quinta vaga aínda non deixa ver con claridade o seu cumio. En tan só unha semana, Galicia sumou 3.381 novos casos. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 6.298 persoas con covid−19 no país, 614 máis ca onte, tras 780 novos positivos (confirmados por PCR).

Por áreas sanitarias a repartición é a seguinte:

Vigo: 1.389 (+119)

Ourense: 1.243 (+151)

A Coruña: 1.086 (+59)

Pontevedra: 1.139 (+134)

Santiago: 671 (+94)

Lugo: 539 (+43)

Ferrol: 231 (+14)

Estabilidade nos hospitais

A tendencia nos hospitais galegos estas últimas semanas de repunta é de estabilidade. A razón está na vacinación: canto máis protexida está a poboación vulnerable, menos ingresos se producen e a severidade da doenza redúcese.

Hai 67 persoas ingresadas: 57 en planta (+4) e dez nas UCI (=).

 

Unha boa noticia: o número de vítimas pola covid−19 non aumentou nos últimos sete días. O Sergas non informou onte de ningún falecemento, por tanto a cifra mantense en 2.439.

Positividade elevada

Preocupan os datos relativos á positividade, moi por riba do recomendado polas autoridades sanitarias. Das 5.803 probas PCR realizadas (+946), 780 deron positivo, o cal representa un 13,44 % de taxa de positividade.

Mapas de incidencia por concellos