CRTVG

Buscar

A quinta vaga baixa o ritmo: 18.776 casos activos, 241 máis ca onte

Publicado o 29/07/2021 10:10

• As áreas sanitarias de Ourense e Pontevedra diminúen os seus casos

• Sobe a presión hospitalaria tanto en planta como nas UCI

A quinta vaga baixa o ritmo: 18.776 casos activos, 241 máis ca onte

Galicia frea o ritmo de crecemento de casos activos e de novos positivos. Segundo o Sergas, hai 18.776 persoas con covid−19, 241 máis ca onte, a cifra máis baixa dos últimos 23 días.

O número de novos contaxios tamén descende en comparación coas cifras dos últimos oito días. Detectáronse 1.131 positivos a través de probas de diagnose.

A área de sanitaria de Ourense volve reducir os seus casos activos (-14) por quinta xornada consecutiva. Tamén a área de Pontevedra ten menos casos hoxe ca onte (-36).

Pola outra banda, a área de Vigo segue á cabeza en casos activos, aínda que rexistra un ritmo de contaxios máis baixo nas últimas xornadas.

 

Por áreas sanitarias, a repartición é a seguinte:

Vigo: 4.412 (+34)

A Coruña: 3.653 (+123)

Pontevedra: 3.005 (-36)

Santiago: 2.395 (+17)

Ourense: 2.209 (-14)

Lugo: 2.181 (+81)

Ferrol: 921 (+36)

Aumentan os ingresos

Volven subir os pacientes ingresados por mor da covid−19. Hai 278 persoas hospitalizadas: 242 en planta (+8) e 35 nas UCI (+5). As unidades de coidados intensivos non tiñan tantos pacientes dende o 19 de maio.

Onte o Sergas notificou o falecemento de dous homes nas áreas de Vigo e de Lugo. Con eles, a cifra de vítimas no que vai de pandemia ascenden a 2.455.

Mapas de incidencia