CRTVG

Buscar

A próxima semana Galicia recibirá 137.000 vacinas, a maioría delas do laboratorio Pfizer

Publicado o 10/04/2021 16:50

Son os datos que nos achegan dende o Sergas. Sabemos que Galicia recibirá a próxima semana 137.000 vacinas.
O laboratorio do que chegan máis doses é o de Pfizer. Serán 105.000, unha cantidade que irá achegando cada semana do mes de abril. De Moderna Galicia recibirá 25.000 e de AstraZéneca 7.000.

Que se fará con estas doses a próxima semana? Seguirase avanzando na vacinación dos maiores, os colectivos máis vulnerables fronte á covid. Trinta mil desas vacinas de Pfizer empregaranse para administrar a segunda dose ás persoas de 80 ou máis anos e outras 50.000, tamén de Pfizer, servirán para avanzar na inmunización do grupo de 75 a 79.

Ademais, unha vez que se teñan pulidas as listaxes, comezarase coa vacinación dos grupos de maior risco. Coas que sobren desta fin de semana de AstraZéneca máis as sete mil que van chegar o luns avanzarase no segmento de entre 60 e 65.

Noticias web

10/04/2021