A provincia de Pontevedra está en alerta por precipitacións a partir do mediodía
E o caso é que vai seguir caendo auga. No sur da provincia da Coruña e en toda a de Pontevedra están en aviso por chuvias ata as nove desta noite.
A borrasca está deixando abundantes precipitacións, especialmente en Caldas de Reis. A chuvia foi incesante toda a mañá e fai imposible saír á rúa sen paraugas. Na zona do río, o paso do Umia baixa con moitísimo caudal. Malia todo descártase que poida haber un desbordamento.
O peor aínda está por chegar. As previsións apuntan a que esta tarde, a partir do mediodía, as precipitacións serán abondosas en toda a provincia.
A chuvia intensa en Caldas de Reis temperaba esta mañá as cálidas augas termais. Chove sobre mollado e os veciños xa están afeitos. O paraugas xa se fixo un complemento indispensable para saír á rúa.
O río Umia ao seu paso por Caldas baixa con forza e con gran volume de auga pero non se teme un desbordamento. Chuvias que dificultan as tarefas diarias, pero que tamén axudan a que a xente quede na casa.
As previsións apuntan a un empeoramento a partir do mediodia con fortes precipitacións que poderían superar os 40 litros por metro cadrado.