A proposta do Goberno non convence a Generalitat
Segundo o dicionario, relator é a persoa que fai a relación dos asuntos, deliberacións e acordos nun congreso ou asemblea. Pero na diplomacia internacional, as súas atribucións van máis alá. Así acontece, por exemplo, coa figura do relator especial a quen o Consello de Dereitos Humanos da ONU solicita opinion sobre a situación sobre un país ou asunto específico.
José Manuel Estévez-Saá, director do Observatorio Política Internacional: "Ten a función de dar forma a eses acordos, dar fe deses convenios, deses debates, e mesmo redactar o propio informe. Ese informe despois adquire un carácter netamente xurídico".
Un carácter xurídico que, advirte Estévez Saá, as partes poden usar interesadamente por exemplo ante tribunais internacionais. Á marxe do debate nominal, á Generalitat sóubolle a pouco o anuncio do Goberno.
Elsa Artadi, voceira da Generalitat: "Carmen Calvo parecía que falaba do relator, mediador ou facilitador no ámbito dos partidos cataláns. A mesa de diálogo dos partidos cataláns é un mandato do Parlamento de Cataluña, e o Goberno de España non ten por que impoñer condicións ou non, cando ademais é unha mesa que ata agora está funcionando ben".
A Generalitat reclama unha mesa con partidos estatais e insiste en que sería máis doado atopar un mediador neutral fóra de España.