A propietaria dun bar da Laracha desinfecta os cartos cada vez que lle paga un cliente
Esta acción é a que fai María Dolores cada vez que un cliente lle paga a consumición.
María Dolores Varela, propietaria de O Noso Café: "Desde que deixaron abrir os negocios, nós xa empezamos a desinfectar os cartos".
Porque coa chegada da covid-19 os cartos e o seu manexo supoñen varias incógnitas sobre a seguridade.
"Os cartos é o máis sucio que hai e pasan por diferentes mans. A verdade é que me chamou moito a atención que perdesen o tempo desinfectando os cartos". "Perden tempo e tamén cartos, porque os xeles custan diñeiro".
Malia que recoñecen que ao principio lles sorprendeu esta medida, agora xa a teñen como un hábito máis, porque saben que os cartos que reciben están libres de bacterias.
María Dolores Varela: "Eu tamén traballo moito cos rapaces do instituto e xa eles botan os cartos no bote, eu desinfecto...".
É sabido que o coronavirus obrigou a desinfectar máis que limpar. E aquí teñen claro que se non se toman todas as medidas ou non se aplican de xeito correcto, os contaxios poden multiplicarse.