A programación sinfónica do Xacobeo inclúe 4 xiras e máis de 30 concertos
Publicado o 05/08/2021 16:25
Este xoves presentouse a programación sinfónica para este Xacobeo 21-22. A Consellería de Cultura inviste millón e medio de euros nun amplo programa que conta coa colaboración das catro principais agrupacións de música clásica de Galicia.
Haberá máis de trinta concertos por todo o territorio galego, catro xiras, con paradas fóra da comunidade, editaranse discos de compositores autóctonos e haberá colaboracións con artistas do mundo do pop e do rock.