CRTVG

Buscar

A produción industrial sobe un 15 % no mes de marzo

Publicado o 07/05/2021 09:09
A produción industrial sobe un 15 % no mes de marzo

A produción industrial subiu un 15,1 % en marzo e rexistra a súa maior alza en 24 anos. Así o avanzou o Instituto Nacional de Estatística este venres. Despois de dous meses encadeando descensos, a taxa industrial volve a niveis positivos.

Todos os sectores rexistraron un incremento de produción anual. Foi a industria manufactureira a que máis aumentou a súa produción, seguida pola fabricación de mobles e de vehículos de motor.