A produción industrial española cae un 14,3% en xuño con respecto do ano pasado
Publicado o 13/08/2020 14:16

Segundo Eurostat, as fábricas españolas produciron no mes de xuño un 14,3% menos ca no mesmo mes do ano anterior, a segunda peor cifra de Europa tras Portugal. Aínda así, empeza a constatarse a remonta.
A Unión, e tamén España, xa encadean dous meses seguidos de suba tras a parada provocada pola epidemia.