A proba clave dunha herdanza millonaria é o ADN dun pano de mesa de papel
Un pano de mesa de papel pode ser decisivo nunha herdanza millonaria. Reclámaa ante os xulgados de Vilalba un home de Biscaia de case corenta anos. Di que é fillo dun veciño da provincia de Lugo que morreu en 2017 legando aos seus irmáns e sobriños un patrimonio duns dous millóns de euros. A proba clave do caso é o ADN extraído do cuspe que impregnaba un pano de mesa que deixou nun bar un presunto familiar do demandante, obtido por un detective.
O avogado, Fernando Osuna, explica que se cotexou o ADN e o resultado foi o 99% de posibilidades de ser familiares.
O avogado do presunto fillo é Fernando Osuna, letrado especializado nestes casos e afeito a historias coma a desta muller, que tras quedar embarazada marchou buscar unha nova vida no País Vasco co seu fillo. Ao falecido non se lle coñece máis descendencia.
Fernando Osuna asegura que o seu cliente será o herdeiro de todo porque o home non fixo testamento.
Así, agora, se os tribunais lle dan a razón, será este suposto fillo espurio quen terá unha nova vida.