CRTVG

Buscar

A prisión un dos agresores do apuñalamento ao propietario dun bar en Ourense

Publicado o 04/05/2021 14:25

Prisión provisional e sen fianza, imputado por un delito de asasinato en grao de tentiva o home que o sábado apuñalou polas costas o propietario do bar situado baixo a súa vivenda, na rúa San Pedro de Ourense. A muller, imputada por homicidio en grao de tentativa, quedou en liberdade coa obriga de comparecer tres veces á semana no xulgado.

O volume da música, denunciado en multiples ocasións polos agresores foi o descadeante desde suceso ao que lle proseguiu un intento de linchamento por parte da xente alí congregada. Unha situación que superou as posibilidades de intervención da Policía Local, que trasladou todos os axentes de quenda á zona, e que deixa en evidencia as carencias do corpo local.

"Ao ter dúas persoas detidas, houbo un grupo de mozos que intentaba agredir os presuntos autores do acoitelamento. Nese momento tivemos que dar unha protección e empezou o momento máis crítico, chamando a Policía Nacional para que nos proporcionase o seus vehículos con pantalla de separción", conta Óscar Morenza Pérez, policía Local que interveu no suceso e delegado sindical do SPPPM en Ourense.

Carencias de persoal e falta de medios que levan denunciando desde hai anos. Co actual cadro de persoal e medios, non saben como van poder afrontar as situacións que se poidan producir unha vez se levante o estado de alarma.