CRTVG

Buscar

A prisión tras colidir co coche da ex-muller no Carballiño

Publicado o 06/02/2019 21:18

Entrou esta tarde no cárcere do Pereiro de Aguiar o home acusado de arremeter co seu coche contra o vehículo en que se atopaban a súa ex-muller e o seu fillo. Pasou a disposición xudicial pola mañá no Carballiño e a xuíza decretou para el prisión provisional e sen fianza.

Está acusado dos delitos de violencia de xénero, contra a seguridade viaria e outro de lesións. Cando bateu contra o coche da súa ex-parella feriu un peón que estaba preto do vehículo. Tras o suceso fuxiu. Foi localizado pouco despois e negouse a facer a proba de alcolemia. O detido, de 29 anos, non ten antecedentes por violencia machista.

Noticias web

06/02/2019